Enredando. Artesanía na escola

Enredando. Artesanía na escola

A través do proxecto Enredando, artesanía na escola, impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia dende o ano 2011, dirixímonos a integrar os máis novos no sector da artesanía. A través da organización de demostracións de artesáns nos colexios, visitas aos obradoiros e outras actividades transversais aos programas escolares, a Fundación pretende achegarlles os diferentes oficios artesáns a nenos e rapaces. Os obxectivos deste proxecto son concienciar a sociedade do valor do produto feito á man, comezando polos máis novos; presentarlles aos rapaces que a artesanía pode ser tamén unha boa alternativa para o seu futuro laboral, atallar o problema da falta de relevo xeracional nos oficios máis tradicionais e promover o desenvolvemento da artesanía galega a través da formación de futuros artesáns creadores; e amosar á sociedade o valor engadido da artesanía en canto á súa creatividade, patrimonio cultural e tradición.