A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño é unha entidade sen ánimo de lucro que depende da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. Entre os seus cometidos primordiais atópase o desenvolvemento de liñas de investigación destinadas a especializar e perfeccionar técnicas de elaboración que permitan mellorar a calidade dos produtos artesanais ademais de optimizar o proceso produtivo xa que se entende que a innovación, o deseño e a calidade son as bases coas que conta a artesanía para sobrevivir.
O principal fin da Fundación, creada no ano 2003, é dotar o sector artesanal dunha infraestructura especializada para que poida desenvolver programas de asistencia, formación, innovación, catalogación, promoción, comercialización e calquera outro aspecto inherente á cultura dos oficios artesanais en Galicia.
Presidente
Francisco José Conde López, conselleiro de Economía e Industria
Vogais
Sol María Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio
María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral do Patrimonio Cultural
Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Eduarda Varela Castro, subdirectora xeral de Comercio
Jesús Sáenz-Díez Belín, xefe do Servizo de Promoción Comercial e Artesanía
Isabel Neira Neira, representante do sector artesanal pola provincia de Pontevedra
Albino Quinteiro Mora, presidente da Asociación Galega de Artesáns Tradicionais
Secretaria Josefina Martínez Pérez, persoal fixo da Dirección Xeral de Comercio
En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño comunica que:
© Xunta de Galicia. Consellería de Economía e Industria
Aviso legal | RSS