Representativo da excelencia téxtil do alto lizo, o obradoiro de Tapices Galicia está especializado na confección de tapices de alta calidade. Na cidade coruñesa atópase esta extraordinaria factoría onde se crean as pezas máis exquisitas que adornan os máis renomeados centros públicos e privados, museos, concellos e en xeral todo tipo de lugares onde unha peza tan maxistral e sublime teña cabida. Con máis de 20 anos de experiencia no tecido de tapices, este obradoiro chegou a ter un estilo propio que se caracteriza pola alta definición nas formas inseridas no tapiz e o uso de variadas cores. A gama de obras vai desde o deseño de heráldicos, reprodución de cadros en colaboración con pintores ata unha parte da produción que é creación de autor, única e de deseño propio.
Os materiais cos que traballan son o algodón para a urdidoira e para o tapiz a la, a seda, fíos de fantasía e de prata e ouro.
Así, traballan tanto por encarga como por propia iniciativa asumindo o enorme risco inherente a esta actividade que é fundamentalmente a creación de obras de alto valor e prezo, o tempo que se inviste en cada unha que fai imposible ter produtos excedentes para a venda porque é moi frecuente que un so tapiz necesite de seis meses de traballo.
Este obradoiro de tapices conta con varias características distintivas que conforman unha verdadeira vantaxe á hora de definir o valor do que nel se crea. Os dous artesáns teñen un grado de experiencia moi alto ademais de paixón polo que fan o que se traduce nunha dedicación e empeño para que os acabados e a calidade do tapiz sexan perfectos.
Os coñecementos e as aptitudes que por exemplo Javier posúe para o debuxo son unha fortaleza moi importante para logo poder reproducir ese deseño nun tapiz. De aí se extraen obras que son verdadeiras reproducións de cadros e de obras de pintura, cunha definición das formas e das cores que é sorprendentemente precisa: é que parecen verdadeiros cadros de pintura cunha reprodución exacta. Por isto unha das súas actividades é a reprodución de obras de pintura, como non aproveitar esa capacidade para sorprendernos constantemente cos seus tapices.
Por outra banda, Josefina ten un gusto case meticuloso por darlle vida ao tapiz, utilizando as cores e a alta definición nos deseños e inseríndolle volume a través do uso de diferentes texturas mesturando distintos fíos, conseguindo así, dar sensación de fondo e de volume.
Javier Rodríguez, máis coñecido como Xabier o dos Tapices, e Josefina Sedes son os artesáns ao cargo do obradoiro Tapices Galicia. Desde fai máis de 20 anos levan investindo o seu empeño e bo facer profesional nesta actividade. Empezaron os dous xuntos inicialmente traballando o macramé, logo pasaron ao baixo lizo facendo mantelearía, toallas, alfombras, chal,... Dende aí introducíronse no mundo do tapiz.
Se tes un pouco de inquietude creativa este sector é moi interesante "comenta Josefina-, cando Javier veu por primeira vez un tapiz quedou perplexo e decatouse de que se podían facer verdadeiras marabillas, pero tamén de que é necesario coñecer a técnica, saber debuxar e coñecer ben as técnicas do debuxo como disciplina, as formas, sombras, luces. Viaxaron entón a Barcelona varios anos para estudar a técnica dos gobelinos aprendendo á súa vez a práctica no obradoiro dun artista chamado Clemente Cóndor. Despois de todo dependía da experiencia e dedicación para ir perfeccionando o traballo.
Foi ese momento o punto de partida da súa carreira polo alto lizo ata hoxe onde é moi difícil encontrar artesáns que se dediquen exclusivamente ao tapiz.
A parte da labor artesá Javier e Josefina tamén se dedican á docencia, sobre todo ela que leva 15 anos impartindo cursos de tapiz en números organismos, concellos, asociacións, centros formativos e conta cunha mestría moi valorada como docente nesta materia.
Os estilos de ambos son diferentes, a Josefina gústalle poñer diferentes texturas para dar fondo e volume ao tapiz, aplica tecidos diferentes para crear unha textura determinada; Javier traballa máis o tipo cadro e pintura pois é un excelente pintor e ten moitas dotes artísticas para converter un tapiz nunha reprodución de altísima definición e exactitude dun retrato.
As obras do obradoiro Tapiz Galicia expuxéronse por numerosos puntos da xeografía galega, en salas como a do Concello de Cedeira, a Sala Municipal de Ferrol, Carral, Culleredo, concellos, organismos públicos como o Instituto Cervantes de Utrecht (Holanda) Exposición "Textiles Hispánicos", o Centro de Artesanía e Diseño de Lugo, en importantes certames como o 1º Certamen de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas con selección de tres tapices e adquisición de Obra, Certame Fraguas Fraguas con selección de Obra, Certame Caja de Jaén coa Obra premiada con accésit, Certame Caja de Jaén de Artesanía co Primeiro Premio Modalidade "Tapices y Textiles", Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas con adquisición de Obra, Certame "Son Únicos" da Asociación de Creadores Textiles de Madrid. Premio á mellor Obra de Creación Téxtil, Casa de Galicia en Madrid, exposición Colectiva Itinerante "Plantexamentos de Arbores", exposición Colectiva. AA.VV. Ventorrillo, Pasarela Miguel Ángel en Madrid e EMI-91.Miami (EEUU), Premio á mellor Obra de Creación Téxtil, Casa de Galicia en Madrid, exposición Colectiva Itinerante "Plantexamentos de Arbores", Premio á mellor Obra de Creación Téxtil, Casa de Galicia en Madrid, exposición Colectiva Itinerante "Plantexamentos de Arbores", Premio á mellor Obra de Creación Téxtil, Casa de Galicia en Madrid, exposición Colectiva Itinerante "Plantexamentos de Arbores", exposición Colectiva. AA.VV. Ventorrillo, Pasarela Miguel Ángel en Madrid e EMI-91.Miami (EEUU), exposición Colectiva "1ª Xornadas do Tecido" en Vigo, hoteis como Araguaney, Casinos como o Ferrolano e moitos lugares máis.
Rúa Joaquín Planells Riera, Nº 1
15007 A Coruña
A Coruña