Nesta sección aparecen as microwebs de artesáns e artesás que forman parte da marca Artesanía de Galicia. A través delas podemos coñecer o seu traballo e consultar os seus datos de contacto.
Crea unha microweb en Artesanía de Galicia
Os artesáns e as artesás, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Xunta de Galicia e que conten co uso da marca Artesanía de Galicia, teñen a posibilidade de crear a súa propia microweb dentro da páxina web institucional www.artesaniadegalicia.org como medio de promoción do seu traballo.
Para isto é preciso enviar unha solicitude por escrito á Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través do formulario de contacto da súa páxina web ou ben ao enderezo electrónico centro.artesania@xunta.es, na que se incluirán os seguintes datos: nome e apelidos, nome comercial, enderezo, teléfono e correo electrónico.
Unha vez que a Fundación reciba a solicitude, contactará co artesán ou artesá para dalos de alta, crearlles a microweb e informalos de todos os pasos necesarios para introducir os contidos (logotipo, textos e fotografías), que cada un xestiona persoalmente e que contan coa supervisión da Fundación.
Madera, corteza, cestería y espartería | Talla, tallista
Creación artística e espectáculos | Restauración
Produtos minerais non metálicos | Cerámica
Produtos minerais non metálicos | Cerámica
Produtos minerais non metálicos | Cerámica
Téxtil | Tecidos, tecedor, centón