Inauguración XXII Mostra do Encaixe de Camariñas
XXII Mostra do Encaixe de Camariñas
XXII Mostra do Encaixe de Camariñas
Demostración artesán zoqueiro na XXII Mostra do Encaixe de Camariñas
Demostración artesás redeiras na XXII Mostra do Encaixe de Camariñas O encontro desenvolve un importante papel no impulso á comercialización e divulgación da artesanía realizada en Galicia. A Consellería traballa a prol da promoción do encaixe e fomenta a súa continuidade mediante a formación das palilleiras.
A Consellería de Economía e Industria, que aposta por poñer en valor o produto artesán galego, apoia unha nova edición da Mostra do Encaixe de Camariñas como dinamizador do sector, constituíndo un atractivo escaparate das pezas artesanais que se están a elaborar en Galicia.
A Mostra desenvolve un importante papel no impulso da comercialización e da divulgación do sector artesán galego, ao tempo que constitúe unha canle de distribución fundamental para a marca Artesanía de Galicia. Este distintivo regulado pola Xunta estará representado tanto polos distintos obradoiros artesáns que contan con este referente de calidade e prestixio como cun stand propio na mostra, no que haberá exhibicións de artesanía en vivo.
Ademais do soporte a este encontro, o apoio da Consellería que dirixe Javier Guerra ao encaixe, que constitúe unha importante actividade económica para moitas familias, fundaméntase a través de ferramentas de promoción e fomentando a súa continuidade mediante a formación das actuais e futuras palilleiras.
Esta edición da mostra, que será inaugurada esta tarde coa participación da xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, conta cun amplo programa de actividades. Ademais de eventos consolidados, como os desfiles de recoñecidas firmas e de deseñadores noveis, haberá demostracións de oficios en directo como os oleiros de Buño, os tecidos en liño de AVP O Santiaguiño ou o vidro soprado de Víctor Palinha.
Como todos os anos, a Mostra acollerá expositores achegados do estranxeiro, nesta edición haberá representantes de países como Italia, Francia, Suíza, Brasil, Rusia, Portugal, Bélxica, Bulgaria, Malta, Polonia e Inglaterra, que complementarán á representación das artesás galegas presentes no evento.