Novas
18-6-2013
A artesanía galega, do 5 ao 7 de xullo, marcará un ano mais no concello de Agolada a súa diferenciación e a súa identidade propia nun encontro único, fiel as súas orixes e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da súa orixinalidade.
Do 5 ao 7 de xullo de 2013
Ampliar nova
14-6-2013
A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, asiste á inauguración dunha mostra que facilita aos artesáns canles de comercialización para os seus produtos, promove a súa actividade e serve como elemento dinamizador do sector artesán.
A feira prolongarase ata o vindeiro domingo contando coa participación de artesáns galegos do sector téxtil, marroquinería, obradoiro de gaitas, pirogravado e cerámica.
Ampliar nova
31-5-2013
A través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, participa nas actividades programadas para a finalización do Máster que se desenvolveu en Ubrique, Cádiz.
A Consellería prestou o seu apoio os catro artesáns galegos seleccionados polo Centro Superior de Diseño y Moda de Madrid, organizador do Máster, ao asumir o 40% da matrícula.
Ampliar nova
27-5-2013
A iniciativa “Enredando, artesanía na escola” preséntase hoxe nas localidades de Guitiriz e Rábade, onde os escolares coñecen de preto o procedemento para elaborar papel e encadernalo.
O programa chegou na súa primeira edición a case 4.000 alumnos e alumnas de toda Galicia, e este ano desenvólvese en 22 localidades.
Ampliar nova