Convocatorias

Artesanía de Galicia co Obradoiro C.A.B. no Multiusos Fontes do Sar

Do 5-10-2012 ao 19-5-2013

Santiago de Compostela

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño disporá dun stand no Multiusos Fontes do Sar para promoción da marca Artesanía de Galicia durante os partidos do Obradoiro C.A.B. da Liga Endesa.
A Fundación cederá este espazo gratuitamente aos obradoiros artesáns que estean interesados en vender as súas pezas durante e despois dos partidos.
Requisitos para participar:
- Ter o obradoiro inscrito no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia
- Ter concedido o uso da marca Artesanía de Galicia
- Utilizar as bolsas, sobres e caixas da marca Artesanía de Galicia.
Solicitudes: mediante correo electrónico a promocion.artesania@xunta.es , especificando o día/s nos que estaría interesado.
Unha vez feita a selección dos participantes publicarase na páxina www.artesaniadegalicia.org o listado dos obradoiros e as datas nos que disporán do posto. Terán preferencia os obradoiros artesáns do Concello de Santiago ou arredores.
Para máis información contactar coa Fundación no teléfono 881 999 173.

CALENDARIO PARTIDOS LIGA ENDESA
14/10/2012 Blusens Monbus – C.B. Canarias
28/10/2012 Blusens Monbus - Cajasol
11/11/2012 Blusens Monbus – UCAM Murcia CB
25/11/2012 Blusens Monburs - Herbalife Gran Canaria
16/12/2012 Blusens Monbus – Real Madrid
30/12/2012 Blusens Monbus – Lagun Aro GBC
06/01/2013 Blusens Monbus – Blancos de Rueda Valladolid
27/01/2013 Blusens Monbus – Mad-Croc Fuenlabrada
17/02/2013 Blusens Monbus – Caja Laboral
03/03/2013 Blusens Monbus – CAI Zaragoza
17/03/2013 Blusens Monbus – Valencia Basket
24/03/2013 Blusens Monbus – Asefa Estudiantes
07/04/2013 Blusens Monbus – F.C. Barcelona Regal
21/04/2013 Blusens Monbus – FIATC Joventut
05/05/2013 Blusens Monbus – Unicaja
19/05/2013 Blusens Monbus – Gescrap Bizkaia Bilbao

Ampliar info